Os Santos Inocentes británicos - April Fool's Day
- GutBer English
- Apr 1
- 4 min read
O que en España se coñece como o Día dos Inocentes e se celebra o 28 de decembro, no mundo anglosaxón se celebra o primeiro día de abril e se chama April Fool's Day.

O April Fool's Day se celebra de forma parecida ao noso Día dos Inocentes: os periódicos publican noticias con titulares locos totalmente irreais, os programas de radio e televisión intentan enganar con algún detalle falso e chistoso, e os amigos e as familias fan bromas entre sí. O truco está en descubrir os titulares falsos de noticias e programas e non caer nas trampas que nos colocan os nosos achegados, do contrario nos llchamarán "April Fool!" (equivalente ao noso berro de "¡Inocente!"
Aínda que a idea xeral é básicamente a mesma para ámbalas dúas celebraciós, os detalles varían de lugar a lugar. No Reino Unido, por exemplo, só se fan bromas ata as 12 do mediodía (noon) do 1 de abril. A partires desa hora, se considera que é mala sorte facer trampas e quen faga unha broma ou truco a outro será o April Fool e non a persoa enganada, así que hai que empezar cedo ou seremos nós os inocentes. En Escocia, se chamaba orixinalmente "Huntigowk Day", de cazar o "gowk", a palabra en Scots para cuco ou parbo, ou en gaélico Là na Gocaireachd, ou Là Ruith na Cuthaige. Aquí o truco tradicional é pedirlle a alguén que entregue unha mensaxe que di "Dinna laugh, dinna smile. Hunt the gowk another mile" (non te rías, pero segue ao parbo unha milla más). Quen recibe a mensaxe envía a persona a outra e ésta a outra e así sucesivamente. Outras palabras en inglés para fool poderían ser "noodle", "gob", "gobby", or "noddy". Tamén se coñece como Fool o bufón da corte nas obras de Shakespeare, unha personaxe intelixente e culta que aporta entre chistes a lucidez que outros non teñen facéndose pasar por idiota, aaínda que algúns son especialmente crueis.

Noutros países de Europa (Francia, Bélxica, Italia, ...), en lugar de April Fool, se chama April Fish (poisson d’avril) e a tradición consiste en colgar un debuxo dun peixe na espalda do inocente, como facemos nós cos monigotes á espalda en decembro.

A orixe do April Fool's Day non está clara. Téndese a referenciar a Chaucer e os seus Canterbury Tales como unha das citas máis antiguas nomeando a celebración, pero algúns cálculos a partires desta obra situarían o día no 2 de maio e non no 1 de abril. Tamén se menciona o cambio do Aninovo ao 1 de xaneiro (antes era en marzo) no século XVI que facía que se chamase April Fools (bobos, tolos de abril) a quen seguía pensando que en abril empezaba o novo ano, pero esta explicación é pouco probable porque a tradición existía con anterioridade. O cambio de tempo que despista á xente tamén se atribúe como orixe desta tradición. Algunhas teorías sitúan a orixe do April Fool incluso na antigüedade.
Normalmente nesta data os medios se fan eco de bromas memorables da historia. Típicamente se menciona o século XVII, cando se enganou á pobloación emitindo entradas para ir á Torre de Londres para asistir á suposta cerimonia anual e ver como se lavaban os leós que a custodian.

Aínda que no mundo actual poida parecer que as noticias falsas nin son noticia nin teñen graza, o cierto é que é este tipo de bromas as que se soen facer nos medios neste día: obvias para moitos, pero que enganan a outros tantos creando situaciós cómicas e sempre cun aire inofensivo onde realmente non se hai crer a ninguén nada serio. Nun famoso programa da televisión británica dos anos sesenta describíase como os agricultores suizos recolectaban as colleitas de espaguetis frescos dos seus campos. Esto é o que realmente diferencia o April Fool nos medios do fenómeno das fake news: o humor e a falta de trascendencia da noticia que é doada de verificar.
Outras bromas típicas entre amigos poden ser cambiar a nata das galletas Oreo e sustituila por pasta de dentes, cambiar sucre por sal ou viceversa, ou outras relacionadas con sustituir un ingrediente por outro na comida. En realidade, trátase de bromas ssinxelas, inocentes e asequibles que nos aportan un soriso, desenrolan a nosa creatividade e nos devolven por unhas horas a unha dulce inocencia onde podemos caer nas bromas alleas sabendo que carecen de maldade e que só pretenden crear momentos de comunidade simpáticos.

GutBer English é unha academia de inglés no centro da Coruña con máis de 20 anos de presenza na ciudade e varias xeraciós de alumnos que teñen saído das nosas aulas dominando o idioma inglés e certificando o seu nivel cun diploma oficial que lles ten aberto as portas do mundo laboral e académico. Únete aos nosos grupos de inglés de Infantil e Primaria, ESO, Bachalerato ou adultos, ou participa nos nosos cursos online de Legal English para TOLES e de Sintaxe Inglesa para universitarios.
Comments