Unha noite no Hotel California de Londres
- GutBer English
- Mar 25
- 6 min read
Updated: Mar 26

Non é o Hotel California dos Eagles (aínda que o cantamos en Trafalgar Square ese mesmo fin de semana cun grupo que estaba a tocar o tema en vivo na rúa), senon The California, en Belgrove Street, un hotel en Londres a dous minutos da saída da estación de King’s Cross - St. Pancras.

Nada máis baixar do tren directo de Gatwick a St. Pancras, ubicamos o hotel sen problema: temos a dirección exacta, está xusto en frente da estación cruzando Euston Road e ademáis ten un cartel na porta co nome (non todos son tan doados de ubicar).

En frente, xa o viramos en anteriores visitas á zona, hai un gran edificio en construcción que ocupa toda unha parcela. Hai uns meses era só un montón de material e cementos. Agora, que aínda está en esqueleto, xa ten varios pisos de altura. A recepcionista de noite nos explicou que non saben moi ben que vai ser, pero si saben que se espera que esté finalizado para 2027 e que no seu interior haberá unha saída do metro de King’s Cross, polo que han ter que facer profundas excavaciós para alcanzar os túneles do metro, de ahí que se proxecte a finalización de toda a obra a tan longo prazo. Non nos preocupa a enorme obra xusto diante do hotel porque é fin de semana e non traballarán. Equivocámonos totalmente. Ao sair á rúa o sábado pola mañá, están traballando a pleno rendimento, pero na nosa habitación non se oescoitaba máis que un distante motor e na mesma rúa non hai grandes ruidos tampouco, a pesares da boa cantidade de xente que vemos na obra. O solar era antes este edificio en primeiro plano frente á monumental estación de St. Pancras.

Fixemos a reserva hai meses a través de Booking e temos acadado un bó prezo, aínda que tamén teñen a súa propia páxina web na que aceptan reservas directamente. A través de Booking, ofrécese cancelación gratuíta con antelación por se os planes cambian, o que nos permite unha flexibilidade que agradecemos. A través do chat da reserva, nos permiten comunicarlles a nosa hora de chegada, o tipo de camas que queremos (dobres ou individuais) e o tipo de baño (con bañera ou só ducha a ras de chan, que preferimos - notamos unha especial predilección polas bañeras nos hoteles do Reino Unido, sobre todo nos que están en edificios con solera). Tamén poidemos facer o check-in online e finalizar o pago total antes de viaxar, o que nos da tranquilidade e nos evita esperas ao facer o rexistro de entrada.

Ao chegar, encontrámonos unha encantadora recepción cun mostrador formado por maletas apiladas e unha sala ao lado, o bar con butacas e cadeiras, así como unha terraza exterior na parte datrás do edificio onde tomar unha copa tranquilos antes de nos retirar. Recíbenos un recepcionista amable e encantador que nos dirixe directamente á nosa habitación no terceiro andar sen ascensor, como solicitaramos. Subimos as encantadoras pero empinadas e laberínticas escaleiras decimonónicas de madeira que chirrían baixo os nosos pasos amortiguados pola moqueta bermella e agarrando a balaustrada tamén de madeira pintada de verde oscuro para chegar a un pequeno, pero aproveitado habitáculo ao que non lle falta detalle. Son varios tramos de escaleiras angostas e empinadas, polo que pode ser un problema se non se ten boa movilidade ou se se leva equipaxe pesado ou voluminoso, pero non resultou ser un inconvinte para nós. No caso de preferir unha habitación nos pisos inferiores e evitar as escaleiras, é doado contactar con recepción para que asignen unha habitación no pé de rúa e farán todo o posible para acomodarse ás necesidades dos seus hóspedes como fixeron no noso caso, que nos asignaron exactamente o que lles solicitamos.

Na habitación, a cama é cómoda e ten dúas almofadas por persoa. Hai un moderno aseo á dereita da porta de entrada con porta de cristal esmerilado e deshumidificador automático, así como un radiador vertical na parede que activamos manualmente e quenta a habitación en cuestión de minutos. Hai secador, caixa forte, xabrón en dosificador tanto na ducha como no aseo e unha caixa de panos sobre a mesiña de noite. Á esquerda da porta hai un espello e un armario pequeno de dúas portas suficiente para dúas persoas. Ao seu carón e frente a cama dobre, sobre a que hai un discreto pero decorativo cadro con motivos británicos, vemos unha mesiña sobre a que está o televisor de pantalla plana. Temos dúas botellas de auga de cortesía, así como café, té, leite y azucre e un fervidor eléctrico. Ao seu carón hai outra porta de cristal esmerilado que cubre a ducha a ras de chan no seu propio habitáculo moi ben aproveitado e con teito en semi-bóveda.
A moderna ducha é amplia e espaciosa, o chan é de gres e polo tanto non escorrega, hai ducha de man y alcachofa no teito para escoller e tanto a presión como a temperatura son perfectas. Hai tamén un pequeno ventanuco para ventilar coa súa correspondente store-cortina. Tamén na parede paralela á cama hai outra fiestra con store e cortiniña corredeira en vertical que bloquea o paso da luz, polo que permite unha total intimidade. A través de esa fiestra vemos o bar-terraza exterior da recepción, os tellados dos edificios do barrio e unha das torres do edificio de St Pancras. A ambos lados da cama hai dous enchufes e una lampariña con dous tipos diferentes de iluminación, aparte das luces de teito independentes para dormitorio, ducha e aseo. Á habitación accédese con chave que deixamos na recepción cando nos ausentamos.

Á nosa pregunta sobre se nos gardan a equipaxe ao sair, nos responden, como xa fixeran por correo, que non hai problema en absoluto xa que a recepción está atendida as 24 horas. Así, vimos tres turnos de personal de recepción, así como outro para o bar. En tódolos casos, nos atenderon con moita amabilidade. Ao facer o rexistro de saída ás 11 da mañá, nos gardan as bolsas nun espacio interior da recepción e nos dan un resguardo. Podemos voltar máis tarde a depositar as nosas compras do día nas nosas bolsas sen nengún problema.

Volvemos a recollelas a medianoite e aproveitamos que había xente no salonciño-bar para tomar unha última sidra e unhas patacas fritas antes de emprender a nosa viaxe de regreso de madrugada. Neste saloncitño hai unhas oito mesas con cadeiras ou butacas, libros en varios idiomas, xogos de mesa, aseos, acceso ao restaurante e á terraza ao aire libre, onde hai outras tres ou catro mesas coas súas scadeiras e iluminación. Tanto no salón-bar como na recepción soa sempre unha agradable música de ambiente e a atención é sempre encantadora. Tanto as zonas comús como as habitaciós están perfectamente limpas y ben coidadas.

A única pega que encontramos en The California é o wifi que decidimos non usar porque interfire máis do que axuda e a tele. O mando non funcionaba porque estaba destrozado (e de seguro nolo terían reposto se o comentaramos, pero non o crímos necesario para a nosa estancia) e a señal fallaba. Nenguna desas cousas era de vital importancia para nós. Ao contrario, The California nos parece un sitio ideal para estas noites de escapada de fin de semana onde estar a gusto, tranquilos e con moitas posibilidades tanto durante o inverno co seu bar interior como para a primavera ou o verán coa súa terraciña exterior. Un hoteliño encantador nun edificio con solera cuhna ubicación inmellorable e un servicio impecable.
¡Grazas, The California, esperamos vernos de novo moi pronto!

GutBer English é unha academia de inglés no centro da Coruña con máis de 20 anos de presenza na ciudad e varias xeneraciós de alumnos que teñen saido das nosas aulas dominando o idioma inglés e certificando o seu nivel cun diploma oficial que lles ten aberto as puertas ao mundo laboral e académico. Únete aos nosos grupos de inglés de Infantil e Primaria, ESO, Bacharelato ou adultos, ou participa nos nososs cursos online de Legal English para TOLES e de Sintaxe Inglesa para universitarios.
Comentarios