top of page

As festas de San Patrick en Londres


St Patrick's Day en Trafalgar Square marzo 2024
St Patrick's Day en Trafalgar Square marzo 2024 (London.gov.uk)

Como o ano pasado, estivemos en Londres en vísperas da celebración do día de San Patricio, patrón de Irlanda, que se festexa en todo o mundo, pero en Londres e outras grandes cidades do Reino Unido con maior énfasis dada a envergadura da poboación irlandesa no país e en particular na súa capital.


Trafalgar Square prepárase para San Patricio 2025
Trafalgar Square prepárase para San Patricio 2025 ©GutBer English


O 17 de marzo é o día sinalado, pero como este ano coincide a luns, as celebraciós extendéronse a toda a fin de semana anterior e en especial ao domingo, cunha gran celebración en Trafalgar Square, preparaciós que poidemos ver o sábado, coa praza xa case lista para o espectáculo e para recebir aos miles de persoas que chegarían alí despóis da procesión do domingo, pero polo de agora, pechada totalmente ao público. A cidade vístese de verde, os bares organizan todo tipo de festas temáticas en torno ao santo irlandés e as rúas énchense de xente de todas as idades que non quere perder o espectáculo, sexa como participantes o meros espectadores.

Trafalgar Square escóndese para recibir a St Patrick 2025
Trafalgar Square escóndese para recibir a St Patrick 2025 ©GutBer English

O desfile desenrrólase dende as 12 do mediodía do domingo 16 de marzo en Hyde Park e pasará por Picadilly e Picadilly Circus, Regent Street St James, Cockspur Street e Trafalgar Square, para rematar en Whitehall ás 6 da tarde, xusto antes de que se faga noite na cidade. Nel hai coridas carrozas e comparsas, bandas de música, bailarines e celebraciós tradicionais irlandesas. Os Grand Marshals deste ano son a medallista de ouro dociclismo Katie-George Dunlevy e la boxeadora ganadora da medalla de ouro Kellie Harrington, que levaron a Irlanda á victoria nas Olimpiadas e Paraolimpiadas de París 2024, entre outros persoeiros destacados da cultura e o deporte irlandeses que se unirán ás distintas celebraciós.

Ruta do desfile de Saint Patrick en Londres 2025
Ruta do desfile de Saint Patrick en Londres 2025 (London.gov.uk)

Ao longo de todo o fin de semana véñense desenrrolando festas e actos oficiaiss relacionados coa festa de Saint Patrick, dende carreiras populares en Hyde Park, o festival de Camden, a festa de Berners Tavern, feiras de queixo, as fiestas gastronómicas e da cervexa de Dalston's 40FT Brewery e Acme Fire Cult, a festa do whiskey en The Sun Tavern (Bethnal Green), onde teñen a maior colección de whiskeys da cidade, cabaret en Phoenix Arts Club ou festas temáticas nos distintos Hard Rock Café do centro. Como parte dos actos programados, a Casa Real tamén estivo representada na figura da Princesa de Gales, Kate Middleton, que recibeu aos Irish Guards. Outras grandes cidades teñen celebraciós similares en honor ao patrón irlandés, como poden ser Liverpool ou Manchester cuhna enorme poboación de orixe irlandés, ou Edinburgo, así como Nova Iorke ou Chicago, tamén cidades cunha gran presenza irlandesa entre a súa cidadanía e historia.


Neste video podes ver as celebraciós de St Patrick do ano pasado en Londres, en 2024, cando tamén vivimos en primeira persoa as preparaciós desa fin de semana.

E nestoutro podes seguir o desfile deste ano, cando a xente non se deixou intimidar polas frías temperaturas, moi por debaixo do normal para esta época, rondando os 0 grados, e se uneu ás celebraciós sen compaixón, chegando a alcanzar os 50.000 participantes.



Sempre hai una boa excusa para visitar Londres, pero si ademáis coincide cunha festa tan alegre e irlandesa coma San Patricio, a escapada non pode estar máis amenizada.






Logotipo de Los Viajes de GutBer English, academia de inglés en Coruña
As Viaxes de GutBer

GutBer English é unha academia de inglés no centro dae Coruña con máis de 20 anos de presenza na cidade e varias xeraciós de alumnos que teñen saído das nosas aulas dominando o idioma inglés e certificando o seu nivel cun diploma oficial que lles tten aberto as portas ao mundo laboral y académico. Únete aos nosos grupos de inglés de Infantil e Primaria, ESO, Bachalerato ou adultos, ou participa nos nosos cursos online de Legal English para TOLES e de Sintaxe Inglesa para universitarios.


GutBer English


Kommentare


bottom of page