
O domingo 16 de febreiro celebrouse a cerimonia de entrega dos premios BAFTA 2025 da industria cinematográfica británica, de novo, como o pasado ano, presentada polo actor David Tennant.

Ataviado tamén nesta ocasión cun kilt facendo honor á súa orixe escocesa, Tennant abreu a cerimonia cunha versión adaptada do clásico de The Proclaimers "I'm Gonna Be" alentado polas palabras de Dame Helen Mirren, Jim Broadbent e o capitán Brian Cox, facendo así de novo unha introducción amena e divertida á discreta pero elegante cerimonia.
O acontecimento iniciarase horas antes coa chegada das estrelas a unha xeada (con temperaturas rondando os 0 graos) alfombra bermella do Southbank Centre de Londres, emitida en directo polo canal de YouTube de Bafta.
Durante la cerimonia houbo momentos emotivos como o recordo á figuras desaparecidas ao longo do último ano, en especial a Dame Maggie Smith, có acompañamento ao piano de Jeff Glodblum, ou a entrega do premio Fellowship a Warwick Davis, o entrañable Willow, tamén coñecido polo seu papel como Ewok na saga de Star Wars ou como Professor Flitwick na saga de Harry Potter.
Os grandes gañadores da noite foron, como cabía esperar, The Brutalist, pola que Adrian Brody recolleu a estatuiña ao mellor actor e Brady Corbet ao mellor director, e Conclave, que levou para a casa 4 premios, entre eles o de mellor película (premio presentado por Mark Hamill, o actor que interpretou a Luke Skyewalker nas primeiras películas da saga Star Wars) e mellor guión adaptado a partir da novela homónima de Robert Harris.
Si que houbo sorpresa nos premios ás mellores actrices, Zoe Saldaña como actriz secundaria por Emilia Pérez, que tamén gañou o premio á película de fala non inglesa, e Mikey Madison por Anora. A última entrega de Wallace and Gromit levou dous dos tres premios aos que optaba e a fantástica Kneecap recebeu o BAFTA ao Outstanding Debut by a British writer, director or producer, o que nos resulta de especial importancia, dado que o seu principal contido está na defensa e protección das lenguas acompañando ao grupo de rap irlandés que da nome á película apradiñada por Michael Fassbender.
Destacar finalmente o premio á Rising Star, que se otorga según os votos do público británico ao actor ou actriz revelación do ano e que nesta ocasión recaeu no actor David Jonsson, que fixo discurso especialmente significativo, así como o foi o feito de que lle entregara o primer actor que recebeu ese premio hai 20 anos, o escocés James McAvoy.
A antesala dos Oscar xa está selada e parece que na cerimonia do próximo mes non haberá grandes sorpresas. De feito, hai quen xa conta os BAFTA como os verdadeiros premios a tener en conta dentro da industria cinematográfica mundial, ao mesmo nivel e incluso superando en valía ao seu homólogo americano. Pero a tradición pesa e Oscar sigue sendo Oscar.

GutBer English é unha academia de inglés no centro da Coruña con máis de 20 anos de presencia na cidade e varias xeneraciós de alumnos que teñen saído das nosas aulas dominando o idioma inglés e certificando o seu nivel cun diploma oficial que lles abreu as portas ao mundo laboral e académico. Únete aos nosos grupos de inglés de Infantil e Primaria, ESO, Bachalerato ou adultos, ás nosas clases individuais, ou participa nos nosos cursos online de Legal English para TOLES e de Sintaxe Inglesa para universitarios.
The time is NOW, the place is HERE, at GutBer English
Comments