
Tra-los Globos de Oro en xaneiro, os Critics Choice Awards e os BAFTA, o 23 de febreiro se celebraron nos Ánxeles os SAG Awards, os premios aos actores da pequena e gran pantalla ena súa edición número 31. A pasada madrugada pechábase a tempada de entrega de grandes premios do cine coa cerimonia de entrega dos premios da Academia, os Oscar 2025, da industria cinematográfica estadounidense, na súa edición número 97 entre a homaxe aos corpos de bombeiros que prestaron os seus servizos nos recentes lumes de California e o polémico encontro dos cadáveres a pasada semana do doblemente oscarizado actor Gene Hackman, a súa muller e un dos seus cans. No apartado de In Memoriam, adicóuselle unha atención especial dadas as circunstancias, así como ao productor musical Quincy Jones, tamén desaparecido o pasado ano.

Nunha cerimonia, coma sempre longa, que se extendeu entre a 1 e as 5 da madrugada hora española, e especialmente sobria, rozando no aburrido, o presentador Conan O’Brien no consigueu enganchar nin ao público presente nin a os espectadores. Destacaron os números musicais e as presentaciones múltiples. En tódolos espacios musicais actuaron varias cantantes turnándose en homenaxar un tema ou unha película concreta. Non houbo un número musical por canción nomeada, senón todas concentradas nun un pouco más longo. Así se fixo tamén coa homaxe ao mundo James Bond, que pecha unha era ao ser adquirido por Amazon, e do que se cantaron seccións de varias cancións icónicas da saga. As presentaciones ao mellor vestiario, entre outras, tamén contaron cun actor representante de cada unha das películas nomeadas no escenario.
Así como non houbo grandes chíos cómicos, tampouco houbo grandes sorpresas nos galardoados. A gran vencedora foi Anora, á que lle seguen The Brutalist e Dune 2, con varios premios técnicos. A mellor actriz secundaria foi a parar a Zoe Saldaña por Emilia Pérez e a principal a Mickey Madison, de tan solo 25 anos, por Anora, arrebatando así as posibilidades de Demi Moore. Os actores principal, Adrian Brody na súa segunda estatuiña por The Brutalist, e de reparto, Cieran Culkin por A Real Pain, excedéronse no seu tempo para non aportar gran cousa nos seus longuísimos discursos de aceptación onde entraron quizáis en demasiados aspectos persoais.

O mellor director, editor e a mellor película foron para Anora, nunha edición onde se premiou especialmente o cine independiente de baixo presuposto frente ás grandes produccións e onde a nota política a puxeron Brody, casi sen querer nin saber como, Daryl Hanna nomeando a Ucrania e sobre todo os galardonados có premio ao mellor documental, No Other Land, un equipo composto por israelíes e palestinos que pidiron expresamente o fin das hostilidades e o cambio de enfoque da política de exteriores de Estados Unidos, que según eles, non favorece unha solución pacífica.
A outra gran reivindicación da noite foi para a supervivencia das salas de cine facendo varios chamamentos a que o público voltea ás salas en lugar de utilizar plataformas de streaming. Tamén resulta interesante como parece que os nomeados e galardoados son cada vez máis globais, non restrinxíndose ao mundo estadounidense exclusivamente, quizáis polo feito de que os académicos votantes son tamén cada vez máis globais. Tamén son más novos e esto non parece traducirse nos resultados, que parecen orientarse cara o voto conservador.
En resumen, unha cerimonia lonxe do memorable onde é posible que o que máis trascenda sexa que Timothée Chalamet ía de traxe amarelo de arriba a abaixo e Mick Jagger presentou o Oscar á mellor canción imitando a Bob Dylan. Probablemente pasará á historia como a cerimonia completely unknown.

GutBer English es una academia de inglés en el centro de Coruña con más de 20 años de presencia en la ciudad y varias generaciones de alumnos que han salido de nuestras aulas dominando el idioma inglés y certificando su nivel con un diploma oficial que les ha abierto las puertas al mundo laboral y académico. Únete a nuestros grupos de inglés de Infantil y Primaria, ESO, Bachillerato o adultos, o participa en nuestros cursos online de Legal English para TOLES y de Sintaxis Inglesa para universitarios.
Comments