Capercaillie é un grupo folk escocés con máis de catro décadas de experiencia ás súas costas. Hai uns días, volveron visitar o que eles chaman o seu segundo fogar, A Coruña, e deleitáronnos no Teatro Colón cun concerto de dúas horas que tivemos a sorte de gozar dende a primeira fila.