top of page

Mr. Fox of Jewellery Quarter


Mr Fox of Jewellery Quarter decideu nos acompañar nos nosos paseos polo centro de Birmingham durante As Viaxes de GutBer.


O negro ceo nocturno resalta o bermello cobrizo do ladrillo que cubre as fachadas dos edificios do Jewellery Quarter (LINK). Despóis de cear, saimos do noso hotel para investigar a zona por rúas desertas empapadas pola suave saraiva do domingo. Camiñamos distraídos polol frío comentando a rota a seguir e as posibilidades de atopar o que buscamos: a estación do tranvía de West Midlands (LINK) que supostamente queda preto. Non iremos moi lonxe. A idea e camiñar tranquilamente e fixarnos no que nos rodea. Xa temos localizado Saint Paul Square coa sua eirexa (LINK) e os locais de ocio nocturno da zona. E, a pesares de ser unha parte da cidade famosa pola súa actividade musical, de estar en datas do nadal pouco antes de fin de ano e de ser a hora da cea, reina o silenzo. Non se ve un alma. De cando en vez cruzámonos con algún coche buscando coidadosamente onde aparcar.


As antiguas fábricas do Jewellery Quarter e os edificios onde vivían os traballadores da revolución industrial, agora reformados y reconvertidos en pisos modernos de zona residencial e, principalmente, para explotación turística, alinéanse en ringleiras estreitas e rectas creando unha rede de vías onde é doado confundir unhas rúas con outras. Entre elas discorre o canal, salvable grazas a pontes que xunto cos pasos elevados de Metro LINK e tren, fan que a navegación por Google Maps se complique. Estamos viaxando sempre a dous niveis superpostos e cando ambos conflúen, reina a confusión. Eso explica que non atopemos a dichosa parada do tranvía, que está oculta tras edificios como si doutra ramificación do canal se tratase.


Ao xirar nunha esquina, a nosa conversa se interrumpe ao aparecer en escena un elemento totalmente inesperado. Un animal cruza a rúa en diagonal dende o outro lado cara o noso, mirándonos de reollo como preguntándose que facemos nós alí. Mírame. Míroo. ¿É un can? ¡Non! ¡É Mr. Fox! 


Un fermoso raposo de elegante pelaxe cobrizo cruza confiado e con paso lixeiro a calzada valeira de tráfico mostrando ao vento a súa maxestuosa cola dorada mentres os seus ollos inquisitivos como dardos negros se paran na nosa presencia. ¿Temos interrumpido a súa rutina, Mr. Fox?


Mr Fox of Jewellery Quarter nas Viaxes de GutBer
Mr Fox of Jewellery Quarter


Mr. Fox pasa por diante de nós para perderse na praza que hai á nosa dereita; un espazo aberto entre edificios que constitúe o aparcamiento dos residentes da zona. Sígoo coa mirada intentando asimilar que é un raposo de verdade en pleno centro de Birmingham e que, a pesares de que é a primeira vez que vexo un raposo inglés ao natural a tan pouca distancia, o contacto resulta curiosamente familiar.


Pérdese entre a oscuridade que rodea os coches do parking e entendo que a anécdota ha terminou. Pero non puedo evitar voltar sobre as miñas pegadas para confirmar que realmente é un raposo o que me ten mirado aos ollos. E si, ahí está, merodeando entre as rodas de los coches aparcados. Instintivamente, fálolle, “Good evening, Mr. Fox”. E se vira. Cara min. E me mira fixamente. E reconduce a súa dirección. Empeza a camiñar con axilidade ¡cara min! Regresa ao longo do muro lateral do edificio que rodea o parking, pegadiño á parede, seguindo disciplinado a mínima acera de cemento que o trae de volta á rúa pola que camiñamos nós. Nos seguiamos o noso camiño costa arriba ralentizados polas miñas continuas miradas cara atrás para comprobar que Mr. Fox segue ahí. Estanos a seguir. Non evita o contacto nin resulta unha presencia ameazante en absoluto, pero mantén unha distancia prudente e o mesmo fago eu. 


Volvo mirar cara atrás e ahí está a súa cabeciña, á volta da esquina, con eses pequenos ollos negros que brilan compitindo coa oscuridade do ceo e resaltan baixo la luz tenue das farolas, o seu corpo escondido pola parede do edificio que nos separa a uns poucos metros, ao alcance da man, a súa mirada clavada en nós, sorinte e curioso. ¿Donde saídes vós?, parece dicir, ¿queredes vir a explorar comigo?


Pero nós non detivemos a nosa parsimoniosa marcha e el decide cruzar de novo a estrada e voltar ao lado do que xurdera como da nada. Áxil pero tranquilo, cólase baixo a rella doutro aparcamento que hai alí e volve a pasearse entre os coches, mirando ás veces cara nós e finalmente perdéndose entre as rodas. Só entón reacciono o suficiente para intentar reter o momento e tiro unha foto onde só se adiviña a xa pasada presenza de Mr. Fox. É a pequena proba de que Mr. Fox é real e de que o noso pequeno momento de conexión existeu.


Ao día seguinte, meditando sobre o noso encontro con Mr. Fox, caio na conta de que o raposo é unha presencia continua na cultura inglesa. Aparece constantemente en series, películas, obras literarias, … pero, ¿que significado ten o raposo na cultura popular británica?





Logotipo de Los Viajes de GutBer English, academia de inglés en Coruña
As Viaxes de GutBer

GutBer English é unha academia de inglés no centro da Coruña con máis de 20 años de presenza na cidade e varias xeraciós de alumnos que teñen saído das nosas aulas dominando o idioma inglés e certificando o seu nivel cun diploma oficial que lles ten aberto as portas ao mundo laboral e académico. Únete aos nosos grupos de inglés de Infantil e Primaria, ESO, Bachillerato ou adultos, ou participa nos nosos cursos online de Legal English para TOLES e de Sintaxis Inglesa para universitarios.


GutBer English


Comentários


bottom of page